Unha vez máis podemos agradecervos a vosa colaboración. A día 5 de Xuño contamos con algo máis de 300 visitas rexistradas ao día, unhas 7000 cada més. Seguimos contando coa vosa participación e esperamos seguir brindando os nosos servizos dun xeito eficiente.
Fagamos un repaso do vivido nesta última avaliación:
En primeiro lugar debemos remarcar os XLIII Xogos Florais, os cales foron emitidos en directo por LúaTV, chegando a 103 familias que puideron gozar coa magnífica representación "Eu Soño", coñecer a corte deste ano e escoitar os versos dos nosos alumnos.
Sen dúbida foi un deses acontecementos que nunca esqueceremos e perdurarán no tempo gardados na nosa memoria.
Os alumnos de 2º de Bacharelato tamén tiveron o seu día coa celebración da Imposición de Insignias, un momento no que toda a comunidade educativa rendiu unha hominaxe aos alumnos que nos deixan para presentarse a unha nova vida.
Non esquezamos as nosas apreciadas festas escolares, a verbena, os playbacks, a merenda, patinaxe, baile moderno, as Letras Galegas, os Maios, as saídas, ciencia, tecnoloxía, exposicións de arte, natureza, xogos tradicionais... Mil e unha actividades celebradas no noso centro, coa colaboración de alumnos, mestres e familias. Actos que Lúa seguira cubrindo ata as 50000, as 60000 ou o millón de visitas. Seguimos a contar convosco e o voso apoio. Moitas grazas familias, moitas grazas equipo !
LúaDixital
0 comentarios: