III Liga de Debate


O Colexio Plurilingüe Divina Pastora (Franciscanas) de Ourense preinscribiu a dous equipos do centro nunha liga de debate na arte da oratoria nunha iniciativa de innovación pedagóxica denominada Parlamento Xove.

Englobada este ano baixo a etiqueta de Plan Proxecta. As consellerías de educación e traballo promoverán entre os meses de novembro e febreiro varias competicións, provinciais e nacionais, nas categorías de bacharelato e 4º da Eso.

Os equipos do colexio representarán ao noso centro educativo por terceira vez nas cinco edicións convocadas. O equipo de segundo de bacharelato é o mesmo có do ano pasado: Julián Rey, Sara Carroceda, Carlos Álvarez e Alba Salgada, todos alumnos de 2º A, mentres que o equipo nobel estará integrado por: Elena Bangueses, Jorge Cordero de 1º A de bacharelato e María del Carmen Rodríguez e Serxio Rodríguez de 1ºB de bacharelato.


FONTE: www.colexiodivinapastora.com

0 comentarios: