Sintoniza co mundo !
by
Carolina Outomuro López
22:16
O xoves e o venres os alumnos de Bacherelato tivemos unha convivencia durante todo o día, anque, a verdade, non foi coma todos esperabamos. Xa que nada máis entrar presetámonos de novo, algúns cun tímido sorriso e axitando a man, outros apertando a man e outros con bicos e abrazos. Despois fixemos dous bingos de persoas, é dicir, un bingo no cal os recadros estaban cubertos de características de persoas e tiñan que firmar neles unha persoa, pero a só podía firmar nun só, non podía repetir firma no bingo da mesma persoa. A continuación, tivemos unha clase de relaxación. Despois fomos ao recreo e, ao volver, xogamos ao xogo da oca cuxas preguntas tiñan relación con María Ana, San Francisco de Asís e Deus. A continuación, puxéronnos un par de vídeos sobre os voluntariados e, por último, a monxa que estaba con nós, e a que estivo con nós durante todo o día, chamada Sofía, puxo unha candea no medio dun círculo e díxonos que se queriamos engadir algo, que o fixéramos. Despois diso e dos sinceros comentarios dos alumnos, marchamos para casa, eu sintome diferente dende entón, no bo sentido, e espero a todos vós vos servira de algo esta convivencia tanto como a min.
Autor: Lúa
Medios informativos do Colexio Plurilingüe Divina Pastora dende 1998. Crecendo día a día. Lúa, LuaDixital e LuaTV.
0 comentarios: