Comeza o Nadal !


"O Nadal! A propia palabra enche os nosos corazóns de alegría. Non importa canto temamos as présas, as listas de agasallos do Nadal e as felicitacións que nos queden por facer. Cando chegue o día de Nadal, vénnos o mesmo calor que sentiamos cando eramos nenos, o mesmo calor que envolve o noso corazón e o noso fogar." (Joan Winmill Brown)

Entramos en decembro, tempo de panxoliñas, turrón  bolas de cores e luces que bailan ao son do "funfunfun". Este pasado venres alumnos do centro xunto con varios profesores elaboramos o belén deste nadal, que conta con varias novidades realmente sorprendentes con respecto a outros anos. 

Podedes visitalo a partir de agora na capela do colexio.  Bo Nadal a tod@s !















0 comentarios: