Día Mundial dos Humedais

O pasado sábado 2 de Febreiro celebrouse o Día Mundial dos Humedais. Este día conmemora a data na que se asinou en 1971 o "Convenio sobre os Humedais" na cidade de Ramsar.
Un dos principais logros deste Convenio (tamén chamado "Convenio Ramsar")foi a creación da lista de humedais de importancia internacionais. A devandita lista está composta por 1.886 humedais de 159 países cunha superficie de 185.156.612 hectáreas (Xaneiro 2010).
Segundo o Convenio de Ramsar "a diversidade cultural e biolóxica dos humedais representa unha riqueza que nos sustenta física e psicolóxicamente".

O Día Mundial dos Humedais ortanizacións sociais, grupos de cidadáns e organismos oficiais aproveitan para aumentar a sensibilización acerca dos beneficios que brindan estes ecosistemas únicos.
  
Humedal de Cospeito: www.galicialnatural.blogspot.com

Pero, que é un humedal?

Un humedal (ou "Terra Púbica" segundo o Convenio Ramsar) é unha zona da superficie terrestre que está temporal ou permanentemente inundada, regulada por factores climáticos e en constante interrelación cos seres vivos que a habitan. Poderíamos comparar unha zona de humedal cun lago, presentando a particularidade de que o humedal non sempre ten auga.

Por que son importantes os humedais?

Constitúen unha excelente fonte de auga para o uso doméstico, industrial e agrícola, provén de alimento e medicinas ás poboacións humanas e a vida silvestre e acuática, serven de refucio a animais que utilizan os seus ambientes para refuxiarse, reproducirse ou alimentarse.
 


 
Documentouse a súa relevancia no mantemento do microclima da zona na que se atopan e a súa contribución na captación de carbono, reducindo o efecto do Cambio Climático.

Moi preto da casa:

Na provincia de Ourense temos algunhas das mellores zonas húmidas de todo Galicia.
 
 Destacan sobre todo as lagoas de Cospeito que, xunto coa Lagoa de Antela na Limia ,eran nos anos 50 as de maior extensión desta comunidade...e ata ahí chegaron...posto que dendo o goberno de España ( e noutros paises europeos) se incentivou o desecamento destes humedais para aproveitamentos agrícolas e foron desecados case na súa totalidade. Na actualidad estas zonas están parcialmente restauradas e son uns lugares estupendos para facer unha excursión e pasar un bo día de campo.
 
 

0 comentarios: