Voluntariado Ambiental no Parque Nacional das Illas Atlánticas (Ons)

Para esta primavera a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado preparou unha acción voluntaria dirixida á conservación e sensibilización do Parque Nacional das Illas Atlánticas, en concreto na Illa de Ons.



Este voluntariado levarase a cabo en quendas de 5 días ( de luns a venres) para maiores de 18 anos  no mes de Abril. As actividades que se levarán a cabo centraránse sobre todo na: 

  • Oceanografía
  • Recursos mariños
  • Flora
  • Fauna
  • Biodiversidade do Parque Nacional Illas Atlánticas


Máis información en:Voluntariado Galego


Como volunatia que son anímovos, a todos aqueles que poidan, a participar neste tipo de actividades. A acción dos voluntarios é sumamente importante en multitude de ámbitos e especialmente no ámbito ambiental, co plus de que adoita incluir actividades divertidas e se adquiren moitisimos coñecementos ( e normalmente son GRATUITAS).

As persoas que actúan como monitores neste tipo de actividades non só están enormemente preparadas, se non que son os auténticos amantes da natureza e seguro compartirán convosco grandes experiencias vividas ao longo das súas carreiras profesionais.

Non hai mellor forma de coñecer as curiosidades da natureza 
que da man de aqueles que viven por e para ela.

A oferta de voluntariados ambientais en Galicia, España e o mundo enteiro é enorme: en Parques Naturais e Nacionais (outro día veremos a diferencia entre eles), brañas, prevención de incendios forestais, conservación, observación de fauna, censo e anelamento de aves....na praia, na montaña, nos ríos, nas illas e en todo tipo de ecosistemas. 
Sobre toda esta oferta ireivos informando a medida que se vaian publicando. 

Achégase o verán....MANS Á OBRA!

0 comentarios: