As botellas PET


Hoxe quérovos presentar serie de produtos moi habituais nos nosos fogares e dos que normalmente sabemos moi pouco: os PET.
Que son os PET?
Os PET  son todos aqueles envases e produtos de envases que están feitos dun tipo de plástico determinado, chamado POLIETILENO TREFTALATO, comunmente coñecido como PET.
Os plásticos ainda que poidan parecer todos iguais, teñen diferentes características fisicoquímicas (dureza, flexibilidade, resistencia...) que os fan máis aptos para uns determinados usos ou ben para outros. En realidad os máis extendidos se dividen en 6 tipos de plásticos. 


Os PET son os máis empregados para botellas de auga ou de refresco, deterxentes e produtos de limpeza, envases para alimentos, bandexas e bolsas resistentes ó microondas...por eso todos temos grandes cantidades deste tipo de plástico na casa, nas aulas, incluso nos nosos xoguetes.
O problema ambiental dos PET:
Os plásticos resultan moi nocivos para o medioambiente, dende a súa fabricación ata a súa desaparición. Para producir os plásticos (sexa o PET ou calquera outro) precísanse grandes cantidades de auga, enerxía, produtos químicos, metales pesados, químicos, irritantes e sustancias tóxicas que permanecen no aire  resultando nocivas para o medio ambiente e as persoas. Cando chegan ó medio acuático as súas consecuencias son fatídicas para a fauna marina, xa que confunden os plásticos flotando con outros peixes e , trala súa inxesta, morren de indixestión ou por asfixia.
A súa descomposicion no medio tarde 150 anos ou máis , sen embargo o plástico PET é o máis reciclable de tódolos tipos de plásticos do mercado (agás o plástico biodegradable, de invención moi reciente, creado a partir de patacas). Son moi numerosos os usos deste tipo de plástico unha vez procesado: fabricación de mobles, alfombras, fibras textiles para facer roupa, pezas de automóbil e ocasionalmente en novos envases de alimentos.
Sabías que existía?
Actualmente no Océano Pacífico, entre Hawai e Xapón, existe unha illa flotante formada LITERALMENTE de plástico, e que ten un  tamaño similar o de Francia. Algúns din que é dous veces o tamaño de Texas.


Esta illa está formada polos residuos procedentes de Asia e EE.UU que son transportados polas correntes mariñas ata ese punto, no que as augas están calmas permitindo que, sen moverse do sitio, aumente o seu tamaña cada vez máis.
Neste VIDEO (moi pequeno, só 2 minutos) describen a localización, formación e problemática desta  “Illa de basura” do Pacífico norte, recomendo a todo aquel interesado que lle bote unha ollada.
AVISO: ALGUNHAS IMAXES PODEN DANAR A SENSIBILIDADE DOS MAIS CATIVOS. 

Qué podemos facer?
Todos podemos contribuir á reducción do número de plásticos, e sobre todo dos PET no planeta. Como xa vimos este tipo de plástico é o máis reciclable, pero tamén ten moitísimas posibilidades como material reusable. Ademáis de depositar este tipo de envases no contenedor amarelo para que sexa reciclado, cada un de nos na nosa casa podemos transformar as botellas PET noutros produtos cunha nova finalidade.
Aquí van algunhas ideas divertidas e sorprendentes para que ninguna das nosas botellas PET acaben no contenedor se non é absolutamente necesario.























0 comentarios: