Segundo de Bacharelato no CIQUS


En segundo de bacharelato as excursións son case imposibles malia que desexadas, e cando por fin hai unha, independentemente dos motivos dos que conste é esperada por todos, esta vez polos alumnos de ciencias. O pasado mércores dirixímonos cara Compostela non para pasar o día senón  para beneficiarnos dunha oportunidade única: a xornada de portas abertas do CIQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares) pertencente ao Campus VIDA.  Este centro é pioneiro en Galicia e no conxunto de España a aplicación de estratexias transdisciplinares para a resolución de problemas cientificamente relevantes no ámbito da química biolóxica e en desenvolvemento de novos materiais funcionais, contando con medios sumamente avanzados impensábeis en épocas nas que o I+D queda relegado ó último posto en inversión e preocupación  Así guiados polos nosos profesores e o catedrático de química José Luis Mascareñas asistimos  a unha charla inicial onde obtivemos de forma sinxela Nailon  ou o famoso xogo infantil ao que popularmente se lle chama "Blandi-blue" ademais de realizar diversos experimentos con helio, nitróxeno líquido e xeo seco. Despois dunha vista ó centro o completo, accedimos ós laboratiorios onde con bata e lentes asistimos a unha mostra da máis alta tecnoloxía en química sendo nós partícipes creando Paracetamol e Aspirina. O certo é que alguna se distraeu máis do normal pero logo duns poucos erros e pérdidas no proceso, todos fumos quen de sentirnos, por un día, como os popularmente coñecidos investigadores que traballan a diario nesas instalacións.

0 comentarios: