BEN polo SAMAÍN, viñeches canda NÓS

Grazas a todos os voluntarios da FORZA GUE, a forza do galego, no ensaio, realización do acto do mércores 30 de Santos, antevéspera da fin do ano celta.

Grazas ao grupo de 3º A, en especial a Adela Carballo, polo seu contributo en forma de canción e pola que foi merecedora dun premio doce consistente nunhas galletas de cabaza bañadas en chocolate.

Grazas a case todo o alumnado de cuarto da ESO a ás súas titoras pola decoración das cabazas na titoría e por ser a forza emerxente do acto. Menció especial e o mesmo premio doce tivo César Paz, pola súa adaptación da canción de EMINEN e pola súa RAPIDEZ ante o que sexa preciso a nivel musical e creativo.

Grazas ao case todos os alumnos de 1º, en mención especial a ANA ARIAS e súa corte de "meigas" así como a Carlos, David e Fran V. polas asustadelas.

Grazas ao selecto alumnado de 2º de bacharelato, malia teren exame, alí estaban ensaiando Jorge, Christopher e Julio. Logo, pola mananciña, uniuse Jaime e Uxía alén dos fotógrafos Serxio e Diego.

Queda unha foto especial do acto matinal...





Esperade polo editado do vídeo...se se nos ve

Non me quería esquecer neste agradecemento múltiple ao colexio por seguir considerando esta mañá de Samaín un guiño de humor a este outono entrante.

0 comentarios: