OLLO QUE VÉN O SAMAÍN!

Estimados samaníac@s:

O mércores, 30 de outubro, corta feira de Santos, temos un encontro sorpresa coas Cabazas e Nabos do Samaín no colexio

Abonda que os alumnos de 4º da ESO veñan puntuais coas súas cabazas decoradas e enfeitadiños eles e elas para entraren ás 7:45 h pola entrada principal. Pero antes teñen que ensaiar ben os dous días anteriores co Xián. E o mesmo cos voluntarios da Forza Gue de bacharelato, teñen ambos dúas posibilidades de ensaio, o luns logo do aulas da tarde e o martes, entre ás 15: 30 ás 16: 30 h no Salón de Actos do colexio.

E lembrade, se non vos queredes perder nada do acto, debedes madrugar un chisco máis e estar ás 8.00 h. Se chegades como un día normal, quedaredes sen sorpresa.

Ah, tamén lembrade que haberá un premio para a mellor cabaza así como para o mellor texto dramatúrxico ou canción do Samaín.

Yes, I Know
It´s only Samaín
but we like it.





0 comentarios: