SON CATIVO SON MAIOR


Baixo este título, púxose inicio á actividade escolar complementario do SE NON QUERES CALDO...3 CUNQUIÑAS...TODOS OS 17.

De forma especial, este mes de febreiro, primeiro dos tres eventos que terán lugar neste 2014, foi organizado conxuntamente polo Equipo de mestras da ETAPA INFANTIL, coordinado por Cristina Andrés e o EDL do colexio.

O acto consistiu en que os tres curso da ETAPA: 4º, 5º e 6º de infantil representaron estupendamente tres formatos de cantigas e poemas EN GALEGO para case todos os alumnos da ESO. Tamén estivo presente 1º A. Os grupos que faltaron de BCH estaban enredados en períodos de exames e dous grupos de segundo da ESO foron a unha actividade extraescolar con Gonzalo.

Así e todo, o SALÓN DE ACTOS estaba practicamente cheo e o comportamento de todos foi exemplar.

Damos as grazas desde a organización a todos os asistentes polo bo talante e disposición, tanto a escoitar como a facerse fotos.

Os próximos eventos terán lugar en marzo e abril e terán como protagonistas alumnos de segundo ciclo da ESO que representarán para primaria e os de BCH que farán un acto para a ESO.




1

0 comentarios: