Na mañá de onte, 30 de outubro, tivo lugar ás 08.30 a celebración do Samaín no noso colexio, como xa tradición de todos os anos. Este ano foi moito máis animada, xa que tiveron lugar máis actividades. No túnel do colexio nos agardaban alumnos de 4º ESO e 2º de Bacharelato caracterizados como personaxes do Samaín, os cales estaban a asustarnos. O seguinte acto tivo lugar no ximnasio do colexio, no cal os alumnos tiñan cabazas ou candeas acendidadas e estaban arredor de todo o ximnasio, o cal estaba decorado con cabazas e diferentes debuxos do Samaín e un grupo de rapaces baixo sabas brancas corrían polo ximnasio asustando ao alumnado. Mandaron pasar ao Salón de Actos no que nos agardaban os rapaces colaboradores do Samaín, cantando unha canción. Finalmente subimos cada un as nosas aulas polas escaleiras centrais do colexio nas que a ambos lados delas estaban os alumnos coas cabazas e candeas cantando a canción do Samaín. Non soamente colaboraban os alumnos de 4º ESO e 2º de Bacharelato senón que tamén algúns profesores que foron os organizadores. Sempre é agradable que en ditas datas o noso colexio festexe ditas celebracións típicas de Galicia e esperemos que sexa así durante moitos anos máis.
Posteriormente, ás 11.00, no recreo tivo lugar a entrega de premios á mellor caracterización, á mellor cabaza decorada,... que nos próximos días poderedes ver nas fotografías que colgaremos.
BOA PONTE A TODOS E QUE GOCEDES MOITO DO SAMÁIN!!
GRACIÑAS REDACTORA
ResponderEliminar