Día de convivencia de bacharelato por terras de Amoeiro







Onte venres, pola mañá e cun tempo excelente a medida que se foi levantando a néboa, os cursos de 2º de BCH e 1º BCH fomos de excursión desde o Concello de Amoeiro, onde paramos para tomar un café repoñedor até o percurso de asfalto e corredoiras que remontaban pola marxe dereira a presa do Viñao, onde non hai moito se construíu un minicentral hidroeléctrica non exenta de certa polémica.

Unha vez chegados a parte de cima, unha pasarela con certa altura fixo sentirnos na vertixe de contemplar desde o alto as bonitas pozas e a cachoeira do Viñao. Alí, e co coidado requirido polos escorregadíos penedos das beiras repuxemos forzas, quitamos as consabidas fotos de grupo e, os máis valentes, probaron as frías e escuras augas do Barbantiño, un subafluente do Miño.

Xa de volta, no curso natural do caída das augas, camiñamos pola marxe dereita e os profesores acompañantes, Román, Álvaro, José Antonio e Xián sometemos aos todos e, sobre todo as novas alumnas, Andrea e Paola ao rito da baixada da corda con algunha que outra caída e bromas.

Finalmente, retornamos á rutina da cidade, non se cantar pola camiño cancións para todas as playlist da temporada e embadurnar a máis dun coas ceras de maquillaxe que sobraron da mañá.

Un excelente Día de San Francisco e un excelente comportamento de todos.

Parabéns



1

0 comentarios: