MAÑÁ OS BACHAREIS IMOS DE TARECOS E PAISAXE POR....O VIÑAO, presa do Barbantiño.
Vinde cediño
vinde rindo
provistos de luz reflectante nos peitos
cheos de migallas de pan
vinde cando nós polas terras de auria
ponde algo na cachola se a hai
prohibido viseiras bisos e enaugas
nada de pintalabios facédenos o favor
imos rir a cachón polas cachoeiras
e debandar o día de San Francisco ASÍ:
con son de agua e bater de chanclas
toda a mañá e pouca para descifrarmos
o enigma máis agochado deste ano...
quen non se vele... non bota
quen non se saiba gardar dos díxome-díxomes non vota
para a corte floral dO ANO VINDEIRO
amodiño
AMOEIRO
con amor
todos polo vieiro
sen perder o sendeiro
FAREMOS TENTO!

Autor: Lúa
Medios informativos do Colexio Plurilingüe Divina Pastora dende 1998. Crecendo día a día. Lúa, LuaDixital e LuaTV.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios: