XA ESTÁ AQUÍ O SAMAÍN


Como nos últimos anos, os Departamentos de Linguas e as titorías de cuarto da ESO e 2º de BCH organizan unha nova edición do Samaín, a quinta para ser máis concretos. Xa está todo disposto para divertir a todo o alumnado de bacharelato e secundaria o vindeiro día 30 de outubro, antevéspera de TODOS OS SANTOS, pola mañanciña.


A edición deste ano parte de dúas elaboracións diferentes, un obradoiro de dramaturxia cómico no que de forma voluntaria o alumnado que quixer de 4º da Eso e 2º de BCH accedeu tras a presentación dos traballos que serán lidos e seleccionados. O mellor texto recibirá un premio por parte da organización e tentarase respresentar na medida do posíbel. A outra actividade previa é o obradoiro de "tuneado" de cabazas ou nabos tradicionais. Este obradoiro farase logo das cabazas se limparen nas casas, nos dous días previos á acto. A mellor cabaza decorada tamén opta a premio de concurso, para iso é preciso diferenciarse e fuxir dos cortes e baleirados tradicionais así como da compra de cabazas prefabricadas. Debe primar a orixinalidade e a autenticidade dos produtos decorativos, e se son biolóxicos de outono, mellor aínda.

Pero para o día 30, temos aberto dous concursos máis; por unha banda, o Premio á Mellor Caracterización de Samaín, para isto é imprescindíbel afastarse da estética Halloween con predominancia de túnicas negras e elementos de horror. O disfrazado debe buscar autenticidade e orixinalidade a través das cores de outono: castaños, laranxas, verdes e amarelos. A mellor caracterízación recibirá o seu meredido galardón. E, pola outra banda, para os máis larpeiros, ábrese un CONCURSO gastronómico de Outono, no que poderán participar os cursos citados, podendo levar un doce con ingredientes de outono: castañas, doces, cabazas, cabaciñas na forma e tamaño que queiran. Deberán traelo o día da Titoría os de cuarto ou no mesmo 30 os de 2º e deixala probar ao Xurado Catador formado polos titores e titoras dos cinco cursos. A mellor lambonada recibirá o seu merecido galardón e deberán compartila cos seus compañeiros.

Os ensaios quedaron fixados da seguinte maneira: para os de 2º de BCH o luns 20 de outubro, logo das clases da tarde e para os de 4º da ESO os vindeiros 27 e 28 de outubro, das 18;00 h no Salón de Actos.


Lémbrolles a todos os implicados no Acto do 30 garantir a presenza da cabaza, a candea interior que a ilumine e dunha luminaria en substitución por seguridade.


DO QUE ACONTEZA ESE DÍA NON DEBEDES SABER MÁIS NADA DE MOMENTO!



0 comentarios: