XXI CONCURSO EUROESCOLA

XXI Concurso EuroscolaPDFImprimir
2015euroscolaA Oficina de Información do Parlamento Europeo en España, en colaboración coa Representación en España da Comisión Europea e a Secretaría de Estado para a Unión Europea, convoca a XXI edición do Concurso Euroscola dedicado ao Ano Europeo do desenvolvemento 2015.

"Unha vida digna para todos: Rematar coa pobreza e dar ao mundo un futuro sostible" é unha das principais mensaxes para transmitir durante este ano á sociedade europea.

O concurso ten como obxectivos:
Fomentar o uso de Internet e das novas tecnoloxías como ferramentas educativas.
Achegar a UE aos mozos, mellorando os seus coñecementos e implicación na construción de Europa.
Fomentar a aprendizaxe de linguas europeas, fundamental para conseguir unha Europa unida. Por iso, o concurso desenvólvese tamén en inglés.

O feito de dominar outras linguas europeas por parte dos alumnos participantes é importante e necesario, dado que os equipos gañadores que asistan ao Programa Euroscola en Estrasburgo deberán comunicarse cos participantes doutras nacionalidades europeas en inglés ou francés.

Para participar é necesario inscribirse por equipos, formados por 10 alumnos de entre 15 e 18 anos e un profesor responsable que será o líder e representante do equipo ante a organización de Euroscola. Se ben, internamente no centro escolar, pode ser un traballo colaborador coordinado por máis dun profesor.

A competición comezará o 19 de xaneiro e finalizará o 14 de abril e desenvolverase en dúas fases: fase inicial e fase final.
A inscrición poderase realizar na páxina web do concurso ata o 2 de marzo de 2015.

Requisitos:
Poden participar todos os centros escolares de Ensino Secundario Obrigatorio (ESO), Bacharelato ou Ciclos de Formación Profesional de Grao Medio establecidos no territorio nacional.

Dotación:

Os gañadores obterán como premio a participación no Programa Euroscola del Parlamento Europeo na súa sede de Estrasburgo e unha axuda económica para sufragar parte dos gastos da viaxe. Esta axuda establecerase segundo a distancia entre a cidade onde estea localizado o centro e a cidade de Estrasburgo.

0 comentarios: