Voluntariado en acción!





As alumnas de 1º de Bacharelato de grupos Anamo están a desenvolver varias actividades de voluntariado. Baixo a tutela de Pili, a súa monitora, estas mozas están a colaborar con entidades como Cáritas, aprendendo todo o traballo que hai detrás de servir un prato con comida. Son moitas as actividades que as emprendedoras queren realizar para axudar á nosa cidade e agora, grazas a varios proxectos da Xunta, poderán participar en varios programas que o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, lles explicou para que estudasen a posibilidade de efectuar algún deles. 

Na súa visita o mércores, Ovidio recordou que esta acción voluntaria non só é unha gran axuda para xente que está a pasar por graves problemas, se non que é tamén unha forma de aprender a traballar en grupo e formarse para o futuro. Así que invítovos a aprender destas mozas que están a facer algo moi grande para intentar mellorar o rumbo que está a tomar a nosa cidade, cada vez con mais pobreza. 


0 comentarios: