Programa de mobilidade transnacional xuvenil (Galeuropa)



logo_YEI-FSEGALEUROPALOGO2015



A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca axudas para proxectos de mobilidade transnacional dirixido a mozos e mozas menores de 25 anos, ou menores de 30 se teñen un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %. para a realización de prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas de países europeos.

 
Modalidades:
BS324A: AXUDAS INDIVIDUAIS Á MOCIDADE
BS324B: AXUDAS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO
BS324C: AXUDAS A ENTIDADES LOCAIS

Requisitos:
1. Estar inscritos/as no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Para inscribirse premer aquí
2. Ter menos de 25 anos, ou menos de 30 se teñen un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %. O requisito de idade debe cumprirse no momento de solicitar a inscrición no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil.
3. Non ter traballado nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.
4. Non ter recibido accións educativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos noventa días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.
5. Non ter recibido accións formativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.


prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 15 de xullo de 2015

O período de realización das prácticas formativas non retribuídas abarcará desde o día seguinte á publicación da resolución de beneficiarios/as das axudas ata a data límite do 30 de novembro de 2015.
As horas formativas terán unha duración mínima de 100 horas mensuais. Estas horas deberán acreditarse mediante unha proba documental de asistencia diaria ás prácticas formativas non remuneradas.
A duración das prácticas (agás causa de forza maior debidamente acreditada) será:
– Nas axudas individuais á mocidade: 2 meses consecutivos.
– Nas axudas a proxectos presentados por entidades: mínimo 2 meses e máximo 3 meses consecutivos.

0 comentarios: