Xornalista por un día

xornalistasDentro das actividades de LAV016 podedes participar en Xornalista por un día
Impartido por Rocío O valle, Esmeralda L. Castro e Moisés Álvarez
Idade: 12 a 16 anos
Duración: 3 opcións:
Sábado (8 horas)
Domingo (6 horas)
Sábado e domingo (14 horas)
Horario: Sábado 13 de febreiro: de 10 a 14h e de 15:30 a 19:30 h
Domingo 14 de febreiro: de 10 a 14h e de 15:30 a   19:30h
N.º de prazas: 15
Inscrición gratuíta
Se che gusta contar o que pasa e como pasa, se che gusta escribir, preguntar, tuitear, fotografar, saber e divulgar, quizais queiras ser xornalista por un día. Propoñénche que formes parte do gabinete de comunicación do LAV con este obradoiro no que experimentarás de xeito práctico como se difunde un evento cultural.
Comezaran por explicarvos un pouco de que vai isto de informar e comunicar e uns conceptos básicos sobre o LAV e os gabinetes de comunicación. Segundo as vosas preferencias, crearan varios equipos multidisciplinar nos que desenvolveredes de maneira práctica as diferentes tarefas de comunicación para que cadaquén asuma as facetas que máis lle gusten: redactar informacións, xestionar redes sociais, tirar fotografías, coordinar o equipo, contactar coa prensa....
Convertirédesvos no equipo de comunicación do LAV e, baixo a nosa supervisión, tomaredes o control da información que se difunde, interactuaredes coa organización, os estudantes e os profesores do LAV e crearedes medios propios para difundir o voso traballo.
Para que todo isto sexa viable, cada un ou unha de vós debe traer, na medida do posible, polo menos un destes dispositivos: ordenador portátil, smartphone, cámara de fotos... ou unha libreta!
Máis información en http://www.senunpeso.org/

0 comentarios: