Actividades de formación en linguas estranxeiras durante o verán

Actividades de formación en linguas estranxeiras durante o verán Dende a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2018, a Consellería de Educación convoca axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, durante este año. Para poder realizar estas actividades e recibir estas axudas haberá que cumprir os seguintes requisitos: 

● Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2017/18, na Comunidade Autónoma de Galicia. 

● Ter superadas todas as materias no curso. 

● Ter acadado no curso unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º cursos de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía. 

● Para as actividades de integración, estar matriculado/a, neste curso nun centro da Rede de centros plurilingües.


0 comentarios: