ABAU: estrutura e fechas

             
               ABAU: estrutura e fechas

O 16 de abril publícanse as instruccións para a realización no DOG, dentro do curso deste mesmo ano (2017/18), da Avaliación de Bacharelato para o Aceso á Universidade (ABAU) para o curso 2018/19.

Estas probas estruturaranse en dúas partes:

A parte obrigatoria da proba tratará sobre as materias xerais do bloque das materias troncais da modalidade elixida e sobre a materia de Lingua Galega e Literatura, todas elas correspondentes ao segundo curso de Bacharelato. Cada un dos exercicios das materias xerais do bloque das materias troncais da modalidade elixida e da materia de Lingua Galega e Literatura II, cualificarase de 0 a 10 con dúas cifras decimais.

Parte voluntaria:  O alumnado que queira mellorar a súa cualificación de admisión poderá examinarse dun máximo de catro materias, a elixir entre as materias de opción do bloque de troncais de segundo curso de calquera modalidade e as materias xerais troncais específicas de modalidade distintas daquela da que se examinen na parte obrigatoria da proba. Así mesmo, os estudantes poderán examinarse dunha das opcións lingüísticas (Alemán, Francés, Inglés, Italiano ou Portugués) da segunda lingua estranxeira II distinta da que cursasen como materia xeral do bloque de materias troncais:
a) Estas probas teñen carácter voluntario e teñen por obxecto a avaliación dos coñecementos nuns ámbitos disciplinares concretos relacionados cos estudos que se pretenden cursar e permiten mellorar a nota de admisión.

b) Cada unha das materias das cales se examine o alumnado con carácter voluntario para os efectos de mellorala súa nota de admisión cualificarase de 0 a 10 puntos, con dúas cifras decimais. Considerarase superada a materia cando se obteña unha cualificación igual ou superior a 5 puntos.

c) Para a mellora da nota de admisión, terase tamén en consideración a cualificación obtida na parte obrigatoria na materia xeral específica de cada modalidade do bloque das materias troncais (Matemáticas II, Latín II, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II e Fundamentos da Arte II), sempre e cando a cualificación acadada na materia correspondente sexa igual ou superior a 5 puntos.


0 comentarios: