22 De Marzo: Día Mundial da Auga


A Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou o 22 de decembro de 1993 a resolución A/RES/47/193 pola que o 22 de marzo de cada ano foi declarado Día Mundial da Auga, a celebrarse a partir de 1993, en conformidade coas recomendacións da Conferencia de Naciones Unidas sobre Medio e Desenvolvemento contidas no Capítulo 18 (Recursos de Auga Doce) da Axenda 21.
Cada ano, o Día Mundial da Auga resalta un aspecto específico da auga doce. En 2013, como reflicto da Ano Internacional de Cooperación para a Auga, o Día Mundial da Auga, tamén se dedica ao tema da cooperación en torno á auga e é coordinado pola UNESCO en colaboración coa UNECE e UNDESA en nome de ONU-Auga.


Hoxe en día hai 7 000 millóns de persoas que alimentar no planeta e prevese que haberá outros 2 000 millóns para o ano 2050. As estatísticas indican que todas as persoas beben de 2 a 4 litros de auga a diario, non obstante, a maior parte da auga que 'bebemos' está incorporada nos alimentos que consumimos: producir 1 quilo de carne de vacún, por exemplo, consume 15 000 litros de auga, e 1 quilo de trigo se 'bebe' 1 500 litros.
Cando mil millóns de persoas no mundo xa viven en condicións de fame crónica e os recursos hídricos sofren presións, non se pode facer coma se o problema estivese 'noutra parte'.
 Afrontar o crecemento da poboación e garantir o acceso a alimentos nutritivos para todos esixe unha serie de medidas ás que todos podemos contribuír co seguinte:
·      Consumir produtos que fagan un uso menos intensivo de auga.
·      Reducir o escandaloso desperdicio de alimentos; nunca se consume o 30% dos alimentos producidos en todo o mundo e a auga utilizada para producilos pérdese definitivamente.
·      Producir máis alimentos, de mellor calidade, con menos auga.
·      Levar unha alimentación saudable.

Tal vez sexas desas persoas concienciadas có consumo responsable de auga doce na casa pero  quizais non saibas é que para producir os zapatos que calzas, se utilizaron 8 mil litros de auga e para a cunca de café que tomaches na mañá, ou a medio día, outros 140 litros.

Esa é a PEGADA HÍDRICA.

O concepto "Pegada Hídrica" (HH) foi desenvolvido en Holanda polaUNESCO e é un indicador para o volume de auga utilizado en toda a cadea de elaboración dun produto. Toma en conta factores máis alá dos os cales se encontran a simple vista, por exemplo o sitio e estacionalidade en que é utilizada -posto que non todos os espazos xeográficos teñen igual accesibilidade a auga- a auga de chuvia e o grao de contaminación da auga.



A elaboración dun produto de consumo, sexa unha botella de plástico ou unha camisa, implica unha utilización de auga moito maior á que nos imaxinamos. O que comemos nun día, a roupa que usamos, a enerxía que consumimos e todos os produtos cos que estamos en contacto requiriron auga en distintas cantidades para a súa creación, produción ou xeración. Por isto, ao comercializar produtos, tamén estamos a comercializar a auga que implicaron os seus procesos produtivos.

De feito, a auga que vemos fisicamente na nosa vida diaria (aquela que vemos mentres lavamos as nosas mans, os pratos, regamos o xardín ou tiramos da cadea do retrete) representa só o 4% do total que consumimos. O restante 96%, o que non vemos, é a auga que foi utilizada no proceso de elaboración de produtos e desenvolvemento de servizos.

Así, consumir unha simple cunca de café involucra moito máis que o líquido nela. Para crecer o gran requiriuse auga, o mesmo que para os procesos de secado, tostado, moído e empaquetado.

0 comentarios: