Voluntariado Ambiental: Construción dunha charca

Bos días!!!

Hoxe veño cunha proposta realmente interesante e orixinal. 

ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) no marco do seu proxecto "Charcas con Vida" convoca a primeira xoranda de voluntariado, que terá lugar o día 13 de Abril, e que consistirá en crear unha charca didáctica. 


O voluntariado terá lugar na Eira da Xoana, onde ADEGA ten un equipamento de educación ambiental nun emplazamento único.




Noutra ocasión falamos da importancia dos grandes humidais y brañas pero as charcas, a menor escala tamén son  importantes espazos para a biodiversidade. Moitos animais utilizan estes puntos de auga para beber, alimentarse, agocharse ou desenvolver os seus ciclos vitais. Anfibios, aves, invertebrados...e tamén moitos tipos de plantas e algas son algúns exemplos das especies que se ven favorecidos por este tipo de actuacións.



O voluntariado contará con seguro de accidentes, desprazamento dende Compostela e comida. 
Se estas interesado en participar contacta con: 

ADEGA: 981 57 00 99 / 649 611 508
Correo: lucia@adega.info

0 comentarios: