TODOS AO TEATRO!

O equipo de innovación pedagóxica dos Xogos Florais, na súa cuadraxésima edicición quere convidar a toda a comunidade educativa e a todos os seguidores fieis deste blog a que acudades por primeira ou segunda vez ao Salón de Actos do Colexio Divina Pastora Franciscanas Ourense para verdes a representación de ¿BAILAS CONMIGO?, obra orixinal e dirección de Román Godás Ibáñez.
A obra é para todos os públicos e versa sobre os problemas de incomunicación entre xeracións de pais e fillos. Conta con música en directo e está ambientada na época actual. A obra ten unha duración de cincuenta e cinco minutos e terá lugar HOXE LUNS ás 19:30 h no citado espazo.
Os que acudistes a vela na estrea de investidura da Corte Floras do alumnado de 2º de bacharelato puidestes comprobar a calidade das composicións poéticas, desta vez serán lidas só as dos premiados así como o bo facer da Compañía Do Que Non Che Vos Hai, membro do elenco da actividade extraescolar de teatro do Colexio.
A entrada será quince minutos por orde rigorosa de capacidade.
BENVIDOS AO TEATRO UNHA VEZ MÁIS!

0 comentarios: