LIGA DE ORIENTACIÓN
O venres 25 de outubro celebrouse a primeira proba correspondente  a 1ª Liga Franciscana de ORIENTACIÓN.  Os participantes tiñan que atopar as balizas ocultas polo colexio e facer un percorrido marcado no seu mapa  no menor tempo posible.
Nesta primeira proba da liga, aberta a todos os alumnos do centro,  a gañadora Eva Muñiz tardou  7´08 minutos en completar o percorrido.
Parabéns   a todos os participantes e esperamos velos de novo na seguinte proba. Lembrade que atoparedes puntual información sobre Orientación no tablón  do ximnasio grande. 

0 comentarios: