Actividades extraescolares



Hoxe repartiuse polas aulas o folleto informativo das actividades extraescolares.

Lembrade que o CURSO audiovisual de cine DA IDEA Á ESTREA terá unha presentación de portas abertas o vindeiro martes, día 30, na Sala Audiovisual da 3ª planta.
Alí exporanse os contidos do curso e proxectaranse curtametraxes pasadas feitas no cole e fóra do cole, dirixidas polo docente que impartirá o curso Gonzalo G. Palmeiro.

Tamén lembrade que o CURSO de teatro está orientado cara á representación dos XOGOS FLORAIS deste ano pero non só. Tamén inclúe conceptos de ritmo, vocalización, técnicas de corpo e outros conceptos. O curso ten dúas temporalidades, unha os martes, das 18:OO ás 20:00 h de outubro a xaneiro e os venres, das 16:00 ás 18:00 h de febreiro a abril.
As clases son impartidas por Román Godás e Xián Bobillo.

Sapere aude: AtréveTE a aprender!



1

0 comentarios: