Este luns os rapaces de Grupos ANAMO  reuníronse cos seus titores nunha celebración común inicial para designar os titores de cada grupo. Unha vez dados os nomes dos que van acompañar a cada un dos cursos neste ano, cada grupo foise para a súa aula a compartir un rato cos seus compañeiros. Malia ter pouco éxito nos cursos superiores da E.S.O e Bacharelato, foi unha convivencia moi divertida para marcar o comezo do curso.

0 comentarios: