HORTO ECOLÓXICO.

Este martes 18 de novembro, vinte rapaces acompañados do profesor Gonzalo, visitaron de novo a aula da natureza de Oira. Esta vez, levaron un compostador do programa "Recíclate con SOGAMA" e nada máis colocalo no horto, botaron nel unhas mondas de mazá que colleron no comedor do colexio. Tamén, coa axuda de Xusto plantaron fabas carrachas e prepararon o terreo. Ademáis levaron botellas baleiras para colocar no invernadoiro e desfrutaron dunha boa merenda grazas a Gonzalo e ao noso patrocinador, CocaCola. Grazas a todos por vir e a Luís da aula da natureza pola súa axuda.
Animádevos para a próxima!

0 comentarios: