O ano escolar pasado rematou coa boa nova da concesión de
dous premios e catro nominacións pola primeira curta rodada no cole Melodeath
por parte dos Premios Re-Curta que organiza a Ferega, a Federación de Colexios
Concertados de Galicia.
Hogano, a segunda curta, rodada tamén íntegramente no colexio
e de título longo: Unha mentira repetida mil veces non se converte nunha
verdade está a participar neste momento no 1º certame estatal para mini curtas
de nome THE NEXT GENERATION, tres minutos trepidantes integramente en inglés.
A curta, con guión da ex-alumna Cristina Colino concorre a
todas as categorías posíbeis e poderes votala como público cantas veces
queirades a través da URL que se vos aconsella no enlace desta noticia á
dereito.
Ánimo a votar e a participar na marabillosa aventura do cine. VOTAR
0 comentarios: