Os alumnos de 2º de Bch A e B acudiron o mércores 26 de setembro ao Auditorio Municipal de Ourense para veren en acción á Compañía teatral ourensá.
A posta en escena versaba sobre a adaptación libre da súa directora Ánxeles Cuña do texto "Viaje a ninguna parte" do escritor e actor español Fernando Fernán Gómez e sobre o cal se fixo unha película homónima.
A obra ilustra a vida chea de dificultades e retos dunha compañía de comediantes en plena dictadura franquista e os avatares da súa existencia en competividade directa co mundo do emerxente cine.
A obra matinal contou coa sorpresa de que era gratuíta para os estudantes froito dun acordo da compañía coa concellería de educación e cultura.
Todos tiveron un comportamento formidábel de atención e respecto e viaxaron a algures, ao lugar onde se fomentan os soños, o teatro.
A Forza Gue

Autor: Lúa
Medios informativos do Colexio Plurilingüe Divina Pastora dende 1998. Crecendo día a día. Lúa, LuaDixital e LuaTV.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios: