Chegados a estos momentos, é hora de voltar a mirada cara atrás e facer un análise do que LúaDixital comezou sendo nos seus inicios e do que é agora.
Comenzamos situándonos no ano 2009. O equipo, xa xubilado, da xeración do 95 atópase cunha iniciativa: Levar a revista escolar Lúa, fundada no 1998 a unha plataforma interactiva dixital. O centro creounos un blog, naquel tempo so había unha entrada. Non sabiamos nin o queriamos facer, iniciativas non faltaron pero o traballo era grande. Posuiamos un amplo número de fasciculos maquetados ata o momento, pero... como metelos en internet ? Como organizar fotos, vídeos, como crear algo nun espazo valeiro... Durante un ano enteiro estivemos en período de probas. O lanzamento definitivo foi no curso seguinte.
Xa no 2010/2011 LuaDixital aparece como tal. Parte do equipo centrámonos en conseguir entender as mil e unha posibilidades que internet nos ofertaba. Procuramos darlle forma ao blog, ir engadindo material progresivamente e dixitalizar os máximos acontecementos posibles. Este foi o primeiro curso para a plataforma virtual. Creouse unha interface adecuada ao noso estilo, na que volcamos todo o noso traballo para o uso de todos vós.
Pero foi un ano despois cando LúaDixital comezou a soar, a ter unha identidade propia, a inventar, a experimentar; foi o ano dos directos, o ano das reporteiras (As "chicas Lúa"), un curso que marcou LuaDixital dunha maneira moi especial.
Foi un día tomando un café cando a un aloucado membro do equipo se lle ocurriu crear unha canle de TVdixital; medio en broma, o proxecto púxose en marcha, era sinxelo: vídeos programados en bucle e emisión de actos do centro en riguroso directo vía internet...
Ainda recordo o nosa primeira emisión... As panxoliñas do 2011. Un auténtico caos que entre chapuza e chapuza acabou saíndo bastante ben. Alí estábamos, na primeira fila do salón de actos, con tres ordenadores unha cámara e un micrófono pegado a un altofalante. Chapuza, si, pero fíxose con empeño dedicación e o máximo esforzo, e como en todo a mexora foi incrementándose día a día. Foi nas Xornadas de Sensibilización 2012 cando se realizou o primeiro directo en alta definición, con equipos de audio e vídeo que nos levaron a un éxito palpable.
Son moitas as anécdotas para contar, moitos os datos a lembrar, pero Lua deixará unha pegada en todos nos, eso é seguro. Marcou a nosa etapa escolar dun xeito inesquecible, por eso sentimos esto noso, por eso sabemos que formamos parte da mítica revista escolar Lúa, por eso sabemos que tivemos un papel na súa revolución dixital.
Dito esto, non podo deixar de emocionarme, como imaxino que calquera dos meus compañeiros de Lua, cando vexo que chegamos as 50000 visitas, cando vexo que o noso esforzo non foi en vano. Lúa deixou pegada dende 1998 tanto nos alumnos, como nas súas familias, coma nos mestres. Lúa non se pode definir doutra forma que non sexa como un "grande recordo" de todos nós, da nosa vida na escola, en definitiva, do que somos.
Grazas a todos os alumnos do centro, así como as súas familias. Grazas os mestres. Grazas equipo de Lúa. Grazas ao noso coordinador (J.A.A.P.). Grazas a todos por facer posible Lúa.
Julián Rey, membro da xeración do 95.
0 comentarios: