Saída a Outariz


Con motivo da celebración do día de San Francisco, o luns 8 de outubro os alumnos de 1º e 2º da E.S.O fomos ata as termas de Outariz para pasar alí o día. Durante todo o camiño estivemos falando e cantando cos nosos amigos e así fíxosenos máis divertido e ameno. Ao chegar as termas, todos nos sentamos para seguir falando menos algúns compañeiros que se atreveron a meterse na auga.Non fixo moi bo día, de cando en vez chovía,  non facía moito calor, pero divertímonos moito igualmente. A volta foi bastante máis cansada que a ida. Pasámolo moi ben e todos estamos esperando a próxima saída.


0 comentarios: