Despois dunha longa caminata chegamos ao noso destino e algúns valentes atrevéronse a meterse na auga a pesares do frío, sinceramente, só con velos quedábaste fría. Xantamos na orilla do río mentres falabamos cos nosos amigos sen movernos do sitio (non vai a ser que alguen caia a auga, anque ó final non caeu ninguén...). De volta, tivemos que baixar por unha corda que trouxera un dos profesores. Foi moi divertido, e algún que otro levouse un susto... Se combinas o medo as alturas con baixar por unha corda... Malo. Pero, con todo e con eso, chegamos esgotados. Por desgraza non había ningún bar aberto e todos estabamonos morrendo de sede, pero, moi amablemente, unha señora deixounos beber a súa auga, a quen lle dou as grazas en nome de todos. Despois de solucionar ese inconveniente, esperamos un pouco e marchamos para casa, moi cansos, pero ledos polas aventuras que tivemos cos nosos profesores e compañeiros.
Autor: Lúa
Medios informativos do Colexio Plurilingüe Divina Pastora dende 1998. Crecendo día a día. Lúa, LuaDixital e LuaTV.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)



0 comentarios: