Entrevista a María Dueñas

A algúns soaralle este nome e a outros non, para este grupo aclaro quen é esta muller. Trátase dunha autora de recoñecido éxito, que publicou "El tiempo entre costuras" e que acaba de lanzar o seu novo libro "Misión Olvido". Esta autora deu unha conferencia sobre o making of do susodito libro no Liceo da nosa cidade, no remate dun círculo de conferencias de mulleres empresarias. Falou do Camiño Real, das misión dos franciscanos en California, nas idas e venidas de Estados Unidos a España,... E o centro de toda a trama, o legado dun hispanista, Andrés Fontana, sen clasificar, que á protagonista, Blanca Perea, comeza a espertaro seu interese. Despois da charla, e, a través das TICs, fíxenlle unha entrevista a María Dueñas, que adxunto a continuación:


1. Considera que hai xéneros superiores a outros? É dicir, ¿pensa que é mellor unha novela policíaca que unha fantástica?
Non, en absoluto. Todos os xéneros teñen os seus autores e os seus lectores, e todos os autores e lectores son meritorios.

2. Cando comezou a escribir?
O meu primero libro foi El tiempo entre costuras, publicado en xuño de 2009. Levoume dous anos escribilo.

3. A pesares de escribiren dous libros, ten xa algunha personaxe favorita?
Agora mesmo, recén publicada a miña segunda novela, Misión Olvido, sento un afecto moi especial polos sus tres coprotagonistas: Blanca Perea, Andrés Fontana y Daniel Carter.

4. Que recomenda facer aos novos escritores?
Ler moito de todo antes de lanzarense a escribir.

5. Considera que hoxe en día os adolescentes leen menos ca antes?
Realmente non o sei en termos cuantitativos, pero está claro que teñen moitísimas distraccións ao redor que antes non existían.

6. A que chamaría vostede un bo libro?
Ao que te conmove de algunha manera.

7. Cal foi o autor que máis a marcou como escritora?
Moitos, moitos... Resultame imposible dar un único nome

8. E, para rematar, podríanos resumir nunha palabra Misión Olvido?
Seductor.

0 comentarios: