O lago dos cisnes

O martes desta semana, ás oito e media no Auditorio da nosa cidade, comezou a interpretarse o coñecido ballet de Tchaikovsky, O lago dos cines, da man da compañía "The Crown of Russian Ballet of Moscow" que dirixiu Anatoly Emelianov. Entre piruetas, xiros, saltos e demais pasos de ballet, destaca a fermosa historia de Odette e o seu amado Sigfrido. E como se coñecen? Pois o príncipe Sigfrido celebra unha festa no castelo cando a súa nai, a raíña, aparece e obrígao a asistir a un baile no cal escollerá esposa. Como non, Sigfrido deprímese e ao ver pasar pola ventá uns cisnes brancos, colle a súa ballesta e vaise de caza. Seguindo aos delicados animais, chega a un lago, no cal os cisnes convértense en mulleres ao caer a noite e namórase de Odette, a súa raíña, que lle comenta que só o amor verdadeiro podrá liberalas do maleficio que lles fixo o mago Rothbart. Sigfrido invita a Odette ao baile no que el escollerá parella e acepta ir, despois de que el lle xurara fidelidade e amor eterno; sen embargo, ao alba, Rothbart reclama para sí as desdichadas mulleres, que se transforman de novo en cisnes.
No baile, aparece un peculiar conde coa súa filla, que é igual que Odette pero viste de negro. A muller embelesa a Sigfrido e enganao para que lle xure fidelidade e traiciona a Odette. Ela, sentíndose traizoada, foxe ao bosque e Sigfrido vai tras ela, pois comprendeu que todo foi un engano do mago e da súa filla Odile. Ao chegar ao lago, Sigfrido atopa a Odette e ela termina por perdonalo pero Rothbart aparece para quitarlle a vida, xa que foi condeada a morte se Sigfrido a traicionaba. O príncipe derrota ao mago pero Odette di que está sentenciada e arroxase ao lago. Sigfrido, fai o mesmo, porque non pode vivir sen ela, e con isto rómpese o maleficio de Rothbart e os amantes encamíñanse a unha eterna felicidade.
Todo o ballet foi precioso e o vestiario dos bailaríns tamén, polo que para min, mereceu a pena ir, xa que disfrútase dende o primeiro momento ata o último.


0 comentarios: