Benvido, Medioambiente


Bos días compañeiros e compañeiras de Franciscanas. Dende hoxe nace en Lúa Dixital un pequeno espazo dedicado a achegar o medioambiente as vosas vidas. Este será o sitio no que poderedes coñecer multitude de actividades medioambientais , marabillas naturais a un pé das vosas casas, xogos online e educativos, novidades, curiosidades,manualidades  e sobre todo poderemos APRENDER como funciona o noso mundo.

É preciso que a sociedade modifique a súa relación con medioambiente para achegarnos pouco a pouco ó desenrolo sustentable. En Franciscanas pensamos que o papel dos nenos, e non tan nenos, é moi importante, pero tamén sabemos que para que a súa participación sexa construtiva deben coñecer e amar o medioambiente, entender as relación sistemáticas ás que está suxeito, e formarse nas acción para protexelo. E isto é posible grazas á EDUCACIÓN.

Para non aburrir no primeiro día de publicación comezamos cunha manualidade reciclada moi divertida e que ven moi ben nestes días de tanta chuvia. A próxima vez que teñades un aniversario, ou unha festa calquera, lembrade (e que quede aprendido de agora en adiante): NON SE TIRA NADA! . Colle os pratos e vasos de plástico, límpaos cun pouco de auga e dálles unha nova vida.

A próxima festa será baixo o mar. 
Que pasedes un bo día de chuvia coidando do medioambiente. 



0 comentarios: