Patinaxe sobre xeo

Os alumnos de 1º de Bacharelato disfrutaron o luns pola tarde, dun maravilloso tempo na pista de patinaxe da nosa cidade. Uns ían agarrados ao muro desexando non caerse, outros movíanse con algo máis de liberdade grazas a uns osos e un pingüin co se puideron deslizar, e outros patinaban cunha facilidade abraiante. Pero entre caídas, piruetas, carreiras e volver a levantarse, todos pasaron unha moi boa tarde en compaña dos seus profesores e compañeiros, que non deixaban de sorrir.

0 comentarios: