Camiño de Santiago por etapas

Bos días; 

Comezamos a semana cunha proposta máis que interesante que nos traen os amigos de Bilurico Medio Ambiente en colaboración coa empresa de transportes Anpián.

Consiste na posibilidade de levar a cabo o Camiño de Santiago en 5 etapas que terán lugar os domingos do mes de Abril e Maio. Un autocar levará ao grupo a cada inicio de etapa e estará ao final de cada unha de elas para traelo de novo a Ourense. 

O Camiño de Santiago é unha das mellores maneiras para achegarse á natureza, coñecer diferentes espacios, especies e ecosistemas autóctonos de Galicia, ver e analizar as diferentes paisaxes, costumes e xentes da terra que nolo dá TODO.

Quen se apunta? Xa está ben de quedar na casa...Sal, fai deporte, respira, divírtete e aprende! Seguro que nunca esqueceremos a experiencia.



0 comentarios: