CONVIVENCIA/ FESTA DE ENTROIDO ANAMO (5º PRIMARIA)

O pasado venres 8 de febreiro, os nenos e nenas pertencentes ao grupo Anamo de 5º de Primaria, tiveron a súa primeira convivencia como grupo, que aproveitando que coincidiu co Entroido, rematou cunha festa de disfraces.

Comezamos comendo todos xuntos e compartindo o postre (sobre todo as orellas de Entroido que nos fixo a avoa de Anxo, deliciosas!). Para baixar a comida e evitar o sono, unhas partidiñas de brilé no patio son o mellor. 

Despois chegou o momento importante da Convivencia: nunha pequena celebración na capela do colexio, os rapaces recibiron o seu carnet de pertenza a Anamo Junior (que así se chama a etapa na que están). Foi un momento moi especial para todos, xa que así comezou oficialmente a nosa andaina como grupo Anamo.

E unha vez rematado esto... todo o mundo a poñer os disfraces! Había para todos os gustos! E así vestidos, fixemos unha competición de sing star e de baile... estes rapaces son uns artistas!.

Para que vexades que ben o pasamos, xa están na sección de Albums as fotos dese día tan fantástico!

0 comentarios: