Planazo para a fin de semana

Bos días! 

Como levades este luns tan fresquiño? Para calentar motores déixovos unha proposta moi interesante e divertida para levar a cabo esta fin de semana. 

A  asociación Amigos da Terra quere convidar a todo aquel que estea interesado a plantar 1.000 árbores autóctonas  preto das súas instalacións de As Corcerizas, repoboando unha hectárea enteira de monte na serra de San Mamede, unha das zonas máis afectadas polos inciendios forestais tódolos anos na nosa provincia. 

Aula de Educación Ambiental As Corcerizas

Vexamos unha serie de cousas importantes: 

Que é unha árbore autóctona? 

As especies autóctonas ou nativas, xa sexan especies animáis ou vexetáis, son aquelas propias do ecosistema no que se atopan de forma natural. 
O contrario a unha especie autóctona é una especie alóctona ou introducidas; son aquelas que de xeito intencionado ou accidental atópanse fora do seu ámbito de distribución natural. Estas especies compiten coas autóctonas polo alimento e o hábitat. Nalgúns casos chegan  a comportarse de manera invasora e poden chegar a desplazar ás especies nativas. 

Aínda que poda parecer de pouca importancia o desprazamento de especies autóctonas por especies invasoras é un problema gravísimo que afecta a todo o territorio español. No caso da vexetación de Galicia, os eucaliptos, as mimosas, as canas e moitas especies máis están a eliminar a presencia das nosas árbores como son o castiñeiro ou o carballo (tal vez as máis representativas).

 Arundo donax (cana), especie invasora en Galicia moi habitual nas zonas de costa.

Castanea sativa (castiñeiro). Especie autóctona en Galicia de gran valor ecolóxico e económico.


 Por que é importante conservar a flora autóctona? 

Poderíamos resumir que as especies autótonas atópanse nun lugar por un motivo. A vexetación, de xeito natural, sitúase naqueles lugares onde as condicións son máis favorables para o seu desenvolvemento. Se en Galicia o que hai son carballos, castiñeiros, loureiros, amieiros, bidueiros...etc, será pro algo. A vexetación autóctona de Galicia, por exemplo, é unha barreira natural contra os incendios forestáis, xa que o grado de humidade que poden acadar é moi elevado impedindo que o lume se expanda. 
Nunca notastes que preto dos riachuelos e ríos o ambiente é moito máis fresco? seguramente sexa porque vos atopades nunha pequena fraga (xa veremos o que son as fragas) e a vexetación mantén o fresco e a humidade moi elevadas nesa zona.

As Fragas do Eume, ecosistema de bosque atlántico único e mellor conservado de Europa.
 Declarado Parque Natural en 1997.

 Neste sentido Ourense ten o récord de incendios forestais de toda España, xa que se vos fixades,sobre todo estes días que están en plena floración, do que máis temos é mimosas, esa planta tan bonita que ten unha flor amarela en forma de boliña.....

Acacia dealbata (Mimosa). Especie invasora en Galicia, moi invasora en Ourense.

No seu día as mimosas foron introducidas en Galicia cando se construíu o ferrocarril. Plantáronse mimosas nas beiras das vías para evitar corrimentos de terras....hoxe toda Galicia, e moi especialmente Ourense, está absolutamente invadida por elas. Desapareceu a vexetación autótona, onde hai mimosa non pode nacer nada máis xa que cambia as condicións do solo, e os incendios forestáis favorecen o seu crecemento e expansión. 
Os eucaliptos, outra invasora que non debería estar ahí, introduciuse para fabricar, con baixo coste, pasta de papel e é o material do que se construiron as primeiras bateas. Hoxe na costa galega é moi complicado atopar bosques de castiñeiro ou carballo, os eucaliptos invadiron case todo o territiorio moitos kilómetros adentro.

Por esto animo a todo aquel que queira coidar do Medio Ambiente que esta fin de semana axude na plantación de árbores autóctonas, e  xa postos, que tamén pase un bo de campo. 

Máis información:   voluntariado.galicia@amigosdaterra.net





0 comentarios: