Proxecto Ladesol 2013


Como xa é habitual por estas datas comeza no noso Centro un periodo ao que denominamos "Proxecto de Solidariedade" nel desenvolveranse unha serie de actividades coas que se pretende educar e aprender a ver cos ollos daqueles que o están pasando mal. Para iso a O.N.G. LADESOL "Lazos de Solidaridad" nos brinda a oportunidade de coñecer novas culturas ás que poder axudar economicamente e onde as "Franciscanas Misioneras del Divino Pastor" están presentes. 
 
Os proxectos ao que adicaremos este ano a recadación acadada na campaña Ladesol están en Wonkén (Venezuela). Tamén trataremos de cubrir as dúas becas que dende hai anos mantén o Colexio.

Proxecto de SOLIDARIEDADE. 2013 
Proxectos elixidos para o ano 2013
Colexio Plurilingue Divina Pastora


Apoio á farmacia misión de Santa María de Wonkén. (Proxecto 53/13)
Obxectivo: Apoiar con medicamentos básicos e medios de transporte a adultos e nenos sen recursos económicos que, por enfermidade, deben desprazarse fóra da misión.
Presuposto: 2000 €.

Nutrición infantil en el valle de Wonkén. (Proxecto 54/13)

Obxectivo: Mellorar o estado nutricional dos nenos, o seu rendemento escolar e a súa inserción social. Axudar a nais en xestación a que teñan unha alimentación adecuada.
Presuposto: 2500 €.
 
BECAS de estudo: por un importe de 700 €

PRESUPOSTO TOTAL DOS PROXECTOS: 5200 €

--Equipo de Pastoral--

0 comentarios: