Conferencia Jorge Mira


O próximo 20 de Marzo o físico Jorge Mira visitará o noso Centro para impartir unha conferencia con carácter divulgativo que leva por título:"Multiplicamonos... ¿Como animais?... (e outras historias científicas).
Mira é catedrático de Electomagnetismo e director do departamento de Física Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela. foi recoñecido con varios premios galegos e nacionais aos que agora se suma un novo recoñecemento, o da Sociedade Española de Física. foi ganador do certamen na modalidade de ensino e divulgación científica polo seu "sólido labor pedagógica de gran calidade e a súa destacable actividade no campo da divulgación científica", segundo recolle a acta do xurado, que tamén destaca a súa ampla traxectoria en programas de gran prestixio e difusión en prensa, onde colabora desde fai anos coa Voz de Galicia, radio e televisión. É o seu terceiro galardón a nivel nacional, que que con antelación gañou a Medalla de Honor Ciencia en Acción (2010) e o Premio Saviron (2011). No seu currículo como divulgador, o xurado tivo en encuenta, ademais, a súa dirección do programa Conciencia, que trouxo a 29 premios Novel a Santiago nos seus oito edicións. Tamén é autor do libro A ciencia non punto de mira.

0 comentarios: