21 de Marzo: Día Mundial da Árbore


O Día Forestal Mundial, tamén chamado Día Mundial da Árbore, celébrase todos os anos o 21 de Marzo, data que coincide coa chegada da primavera no hemisferio norte e a do outono no hemisferio sur, e pretende fomentar o coidado das áreas verdes do noso Planeta, e inculcar o respecto polas superficies arboladas. 

É importante destacar que os bosques provén de bens e servizos esenciais, sociais, económicos e  ambientais, contribúen a asegurar a alimentación , a auga e un aire limpo para todos. 
Por iso é vital e fundamental ter unha xestión sostible dos bosques, para así asegurar a súa continuidade e lograr un desenvolvemento sostible. 
Os montes desempeñan un papel fundamental na loita contra o quentamento global e, polo tanto, contra o cambio climático, xa que demostraron ser unha forma segura de captura e almacenamento do dióxido de carbono (CO2). Nese  contexto o bosque galego ten un detacado papel en España, xa que lidera a absorción do carbono do país. Acumula un total de 37 millóns de toneladas de CO2  que pasa a formar parte das árbores e devolto ao chan cando esta morre, ou a través da caída das suas follas. Non obstante, todo ese CO2 é liberado de novo mediante os incendios forestais. 


Existe unha gran variedade de tipos de bosque en Galicia que os fan únicos, polo que a sua protección aínda está máis xustificada se cabe. Alberga numerosas especies endémicas (únicas neste territorio) vulnerables e en perigo debido a que as súas poboacións son o suficientemente pequenas como para desaparecer se non se coidan.

Galicia, terra de bosques máxicos

Os celtas sentían gran veneración por elementos naturais tan distintos como bosques, ríos, lagos...sendo o carballo a árbore sagrada para eles. Tamén os druidas, sacerdotes de brancas vestiduras, atoparon no carballo a fonte do saber divino.


Os habitantes dos castros buscaban o abrigo no bosque galego, e mesmo se coñecen ruínas de mosteiros habitados polos primeiros Cabaleiros Templarios, agochadas nas máis profundas fragas do Camiño de Santiago. No máis profundo deste paraíso natural pódense atopar personaxes populares da nosa tradición como as meigas, fadas, trasnos, nubeiros, apalpador, biosbardo, lavandeira, xacio, mouro, sacaúntos, urco, santa compaña...seres misteriosos da mitoloxía galega.

Conta a lenda que coa madeira dos bidueiros construían as meigas as súas vasoiras, sendo así os bidueirales  os bosques máis misteriosos de todos os galegos.


Bidueiral de Montederramo, un dos máis importantes e o mellor conservado do mundo.

Os bosques máis importantes de Galicia están formados por castiñeiros, carballos, bidueiros, abelerisa, sobreiras, breixos e , por sorte ou por desgracia, piñeiros e mais eucaliptos.

Internarse nos bosques galegos é o mellor xeitos de desconectar, de deixar atrás o frenético día a día para somerxernos nun remanso de paz e natureza. Carballeiras, aciñeiras, bosques de bidueiros e castiñeiros que , inóbiles e silandeiros, agardan a que vos acheguedes a eles e percorrades as súas paisaxes, dignas da Galicia máis máxica. 

Se queredes coñecer algúns dos mellores bosques de galicia podedes vivitar a web Turgalicia, onde atoparedes diferentes rutas para disfrutar do noso mellor tesouro.


<<Coidemos o monte galego, sinal de identidade do noso territorio e, sen dúbida, o mellor que temos.>>




0 comentarios: