Conferencia de Jorge Mira

Ao noso colexio veu un divulgador científico, Jorge Mira, tamén coñecido pola súa participación no programa Cifras e Letras.
A conferencia comezou chamando a atención dos alumnos de Bacharelato cun tema bastante coñecido por todos no cal aportou algúns datos curiosos sobre el. Despois pasou a falar sobre un estudo que fixo sobre a teórica temperatura do Ceo e do Inferno. Contounos os problemas que xurdiron a partir da súa publicación nunha revista de divulgación científica, ata chegar a resolución destes. Logo chegou o turno das preguntas e, despois, todos volvimos ás aulas plantexándonos se é verdade que tanto o Ceo coma o Inferno están a temperaturas tan altas.

0 comentarios: