Bos días!!!
Hoxe veño cunha proposta realmente interesante e orixinal.
ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) no marco do seu proxecto "Charcas con Vida" convoca a primeira xoranda de voluntariado, que terá lugar o día 13 de Abril, e que consistirá en crear unha charca didáctica.
O voluntariado terá lugar na Eira da Xoana, onde ADEGA ten un equipamento de educación ambiental nun emplazamento único.
Noutra ocasión falamos da importancia dos grandes humidais y brañas pero as charcas, a menor escala tamén son importantes espazos para a biodiversidade. Moitos animais utilizan estes puntos de auga para beber, alimentarse, agocharse ou desenvolver os seus ciclos vitais. Anfibios, aves, invertebrados...e tamén moitos tipos de plantas e algas son algúns exemplos das especies que se ven favorecidos por este tipo de actuacións.
O voluntariado contará con seguro de accidentes, desprazamento dende Compostela e comida.
Se estas interesado en participar contacta con:
ADEGA: 981 57 00 99 / 649 611 508
Correo: lucia@adega.info
0 comentarios: