Onte pasou polo noso colexio Cristina Colino, ex-alumna de mérito e valía xa que veu recoller da man do director Juan Luis Rodriguez o trofeo que a acredita como mellor interpretación feminina pola súa actuación na curtametraxe rodada hai dous anos "Unha mentira repetida mil veces non se converte nunha verdade" e que participou no Festival REC-CURTA que organizan as Escolas Católicas de Galicia. O premio foi ex-aequo con outra querida ex-alumna nosa Irene Arroyo Claro. Critina, ademais, comunicounos que marcha a un Erasmus a Praga, Chequia, a seguir os seus estudos de Grao en Historia. Ánimo e boa viaxe.
Desde aquí e servindo como exemplo animamos a todos aqueles alumnos da ESO e BCH que queiran aprender o entramado do cine a que se inscriban en secretaría para participar no Obradoiro de Cine: DA IDEA Á ESTREA, dirixido polo director cinematográfico e produtor de Tamagaz Films Gonzalo G. Palmeiro.






0 comentarios: