Semana Europea da Mobilidade 2013 (Do 16 ao 22 de Setembro)

Onte arrancou a Semana Europea da Mobilidade 2013, con motivo de promover un modelo de mobilidade máis sostible, seguro e sano. 

O lema deste ano é "MUÉVETE POR UN AIRE MÁS LIMPIO" 


A cidade de Ourense súmase un ano máis á celebración da Semana Europea da Mobilidade, con actividades para adultos e nenos, que terán lugar durante tódolos días ata o sábado 21 de setembro.
Están previstas actividades para escolares como charlas, talleres e ginkanas en bicicleta; e de xeito público haberá :

- Xoves 19:¡DÍA SEN COCHES! Todo o mundo a traballar en bici ou a pe. Eu xa teño a miña bici preparada, a miña mellor compañeira cada mañán. Haberá unha marcha en bici pola cidade.
-Sábado 21 (10:00): bicipaseo cultural por Ourense con paradas comentadas na ruta, enmarcada dentro da Foliada da Bicicleta e da festa recreación dos Anos 20' deA Bela Auria (chulisima, a disfrazarse todos do charlestón!!) 
Tamén o sábado 21 terá lugar unha ruta BTT polos castros da cidade, para os máis aventureiros. 
Exposición de bicis antiguas no Xardín do Posío, dentro da celebración de A Bela Auria. 

Xa sabedes o qué hai, fomentemos entre todos un aire máis limpo na nosa cidade usando modos de transporte alternativos.


0 comentarios: