Que ben estaba eu na casa....

Bos días, e benvidos a todos/as ao novo curso académico 2013-2014!!!!

Que tal pasastes o verán? Si, si....xa o sei...Que ben estaba eu na cama ....todos os días ata as tantas....
POIS TODO O MUNDO A ESPERTARSE! comezamos o novo curso cargados de enerxía, con moitas ganas de aprender (e ensinar) cousas novas, de ver os nosos compañeiros e de divertirnos, que tamén é importante.

Para comezar cun sorriso quero presentarvos a este individuo tan simpático: 

O Tarsero Filipino, un animal que a mala sorte axudou a sobrevivir.
Mirade que cara de felicidade....   




O Tarsero Filipino ( Carlito syrichta) é un animal que se alimenta pola noite, principalmente de insectos pero tamén de arañas, crustáceos e pequenos vertebrados como lagartas e paxaros.



Son de pequeno tamaño, miden entre 8 e 15 centímetros, e pesan entre 80 e 160 gramos. Son moi difíciles de ver polo día debido aos seus hábitos nocturnos.

Teñen a capacidade de xirar a cabeza 180 graos, compensando así a inmobilidade dos seus ollos, que son fixos. 



O Tarsero Filipino non aguanta a catividade, a súa esperanza de vida é de 24 anos, que redúcese á metade se non está en liberdade. Precisa de insectos vivos e ausencia de luz para vivir adecuadamente.

As supersticións asociadas a esta especie aseguran que trae moi mala sorte. Cando os habitantes da selva atopan un sóltano lonxe do poboado sen lle facer dano algún. Dese xeito evítase que sexa utilizado como mascota ou exterminado, favorecendo así  as súas posibilidades de supervivencia. 

Ainda que está gañando popularidade.... ¡QUE TEÑADES BO COMEZO DE CURSO!




0 comentarios: