ENTREVISTA A CASTAÑAS PETELO


Aquí temos a entrevista realizada a Ramiro José Quintana González , que colaborou no proxecto do Samaín do noso centro organizado polo profesor Xián Bobillo, onde tamén colaboraron os titores de 4º da ESO e 2º de Bacharelato.

Esperemos que sexa do voso agrado e darlle as grazas pola súa colaboración a Castañas Petelo.

1. Para que os alumnos do colexio teñan unha pequena idea, a que vos dedicades exactamente?
Pois somos unha pequena empresa familiar que se dedica ao secado, á transformación e procesado de castaña seca, tendo tamén unha pequena actividade estacional de traballo de castaña en fresco. A partir da castaña seca elaboramos produtos, como a castaña pilonga, harina de castaña e agora empezamos co mundo da repostaría relacionada sempre coa castaña.

2. Por que decidiches patrocinar o concurso de samaín do noso colexio?
Ante a proposta e a explicación da actividade por parte do profesor Xián Bobillo,decidín sen pensarmo apoiar a iniciativa xa que me parece importante a formación e a educación a partir de actividades que sexan complementarias ao ensino básico marcada polos horarios lectivos. Ademáis, a través deste tipo de actividades que levastes a cabo creo que é un xeito moi bo de aprender de tradicións e cultura galega.

3. Se non me equivoco, a castaña é un produto típico de outono, ten isto algunha influencia sobre o negocio?
Algunha ten porque é a época de recoller o froito,pero tamén o que queremos dende Petelo é que empece a haber un cambio de conciencia e de hábitos no consumo de castañas para que non sexa simplemente un produto estacional,é dicir,que o froito da castaña tan típico en Galicia se consuma todo o ano. Que volva ser ese alimento tan básico e común entre os habitos alimenticios dos galegos.

4. E xa para rematar, vos resulta difícil facer produtos que atraian o interese da xente?
Si que resulta difícil, porque co noso se trata de que a xente se volva acostumar a consumir castaña durante todo o año, hábito que realmente se perdeu.


0 comentarios: