ENTREVISTA A FINA REI
Aquí temos a entrevista realizada a Miguel Angel Mosquera, propietario da empresa Fina Rei ubicada en Allariz, que colaborou no proxecto realizado, para celebrar a festividade do Samaín, polo profesor Xián Bobillo, no noso centro, onde tamén colaboraron os titores de 4º da ESO e 2º de Bacharelato, entregándolle uns doces ao gañadores que acadaron os premios á mellor caracterización, á mellor repostería, ao mellor texto cómico e a mellor cabaza.
Esperemos que sexa do voso gusto e darlle as grazas pola súa colaboración a empresa Fina Rei.
1. Á hora de buscar iniciativas: é custoso facer produtos que atraian a todos ou tedes que tirar mirando os factores de idade?
Hai de todo. Ao longo do ano elaboramos produtos que son aptos e válidos pata todos os públicos e que lle poden gustar a persoas de todas as idades. O que pasa é que ao longo do ano hai celebracións específicas, como o Samaín, e está claro que os nenos son os reclamo: tanto os maiores para darllelos, como os propios nenos, xa que é unha festa para eles. Por iso procúrase un carácter que vaia dirixido máis hacia eles. Eu non creo que sexa cuestión de buscar ou non, senón de adaptarse e darlle a túa perspectiva persoal.
2. A celebración nestas datas cada vez aumenta máis: cre que ven motivado pola recuperación da nosa tradición ou pola implantación do Halloween?
Non teño ningunha dúbida: por desgraza estámonos a acostumar a adoptar todo o que ven de fóra e abrímoslle as portas dandolle máis valor que o que é noso. Aínda que neste caso se está a acompañar deste carácter orixinario que é o Samaín. Eu creo que non tería cabida, por desgraza, se antes non víñese precedido do auxe do Halloween. É unha mágoa, pero é así…
3. Como afectan as festividades como o Samaín, o Nadal, etc. á hora de renovar a vosa repostería?
Ti na túa actividade ao longo do ano sempre fas unha serie de produtos que son máis especializados, dende unha tarta de chocolate ata doces específicos, pero nestas datas a xente instintivamente busca produtos relacionados coa festividade. Entón o que buscas é cumprir a necesidade que ten a xente de atopar produtos orixinais, que satisfagan aos nenos, o aniversario do Nadal, o feito de estar coa familia en Noiteboa e degustar produtos moi bos… Un pouco vai por aí, afecta na dinámica de calquera actividade: non só vas ti na súa búsqueda, senón que eles tamén veñen a ti.
4. Por que se decantaron por patrocinar o proxecto do Colexio Plurilingüe Divina Pastora – Franciscanas Ourense?
Se non minto, hai dúas razóns. Unha, porque, está no noso ADN, gústanos colaborar con actividades enfocadas a tradición da cultura sexa como sexa, e neste caso era así, e incluso pode ter máis peso que a miña relación con Xián Bobillo, profesor nese centro, co que teño colaborado moitas veces ao longo dos anos en distintos proxectos e cando se pon en contacto comigo a resposta non pode ser outra que dicir si. Esas serían básicamente as razóns.
En breves subiremos a próxima entrevista realizada ao outro colaborador nesta actividade que nos trae a nosa tradición un pouquiño máis cerca de nós.
0 comentarios: